Parroquia localizada no oriente de Asturias, na metade accidental
do Concello de Llanes (Agosto 2004) con oitocentos dez habitantes.
Dista da capital do concello oito km., e está situada a unha altitude
de 43,43 graos e a lonxitude de – 4,85 graos.
Dispón de un bo acceso pola estrada N-634 que nos permite visitar localidades
como Arriondas que (onde se atopa o Hospital del Oriente), Nava en Infiesto.
Está moito mellor comunicada, por medio de autovía, coas localidades
máis importantes do norte, como son Ribadesella, Oviedo, Villaviciosa,
Colunga (co seu famoso Museo do Xurásico-MUJA) ou Gijón hacia
u oeste e Torrelavega, Santander ou Bilbao hacia o este (a falta do plómico
tramo Unquera-Llanes).
Pódese acceder por estradas do interior á zona de Covadonga e
Picos de Europa, a 35 km. Aproximadamente.
Nas inmediacións de posada está situado o monte Llabres, de 682m.,
lugar no que se soen practicar deportes de risco coma o parapente na época
estival.
Na actualidade, Posada encamínase ó sector servivios, sobre todo
no ramo da hostelería e de pequenos comercios que dan vida ó lugar.
Tamén hai que menconar as diferentes empresas, carpinterías, talleres,
centros educativos, estacións de servicios, granxas (cada vez menos),
etc., que son fonte de riqueza para a zona.
En agosto do ano 1979, un grupo de xoves aficionados, despois de varias reunións,
decidiron federar un equipo de fútbol que, respetando a tradición,
leva o nome de Urraca C.F.
Desde 1982, os venres, celébrase o mercado semanal, no que se poden atopar
productos das hortas próximas e outros productos da zona.
Despois duns meses nos que o mercado se desenvolven no aparcadoiro situado preto
da estación de ferrocarril, volta ó seu lugar de orixe na praza,
ó rematar as obras coas que se renovou esta completamente. Xa se realiza
alí dende o venres 2 de agosto de 2002.
Dende hai varios anos o turismo estase a situar coma un dos puntais básicos
para a economía do concello, con gran proliferación do chamado
“Turismo Rural”. Antigas casa familares, pequenas granxas ou cuadras...
Estanse a converter en lugares idílicos para o descanso de femilias das
grandes cidades, procedendo na súa mayor parte de Madrid e do País
Vasco.
Tamén se poden atopar na vila pesións, pequenos otéis e
pisos en réximen de aluguer para o verán.
Pola súa proximidade a Llanes, o ambiente nocturno está asegurado,
sobre todo nos meses de verán, no que o número de habitantes se
duplica, debido ó turismo que cada ano se achega ó concello en
mayor medida.
Son famosos as máis de triente praias da zona, a mayoría de augas
e area fina e limpa, que constitúen unhas paisaxes naturais envidiables.
A formación deste núcleo
urbano en terreos de Bricia produciuse a partir da segunda metade do século
XIX, a consecuancia de que os terreos rurais da Vega de Santiago Valdellera
foran elixidos como sede domercado semanal. Máis adiante convertiríanse
na Plaza de Parres Piñera, configurando un espacio axiña densificado,
a “Nueva Posada”.
A presión das entidades de población que formaban a antiga parroquia
de Posada, a tenecidade dos vecinos e o apoio dos “indianos” de
sucesivas xeracións estiveran complementadas coas constantes xestións
de apoio realizadas por D. José de Parres Piñera e tamén
de Posada Herrera.
O mercado actuou como factor dinamizador que obrigou primeiro a trazar camiños
arredor do solar que se configuran en formar de triángulo.
Os camiños serán logo rúas que á súa vez
foron ocupadas por casas e tendas. Máis tarde a rúa convertirase
na estrada a Robellada e Meré e ás súas marxes as casas
comenzarán a baixar ata outra estrada, a nova de Llanes a Ribadesella.
A recente expansión de Posada tamén seguiu por estes dous eixos
que prácticamente se siguen extendendo na actualidade. Ao longo doúltimo
tercio do século XIX vaise configurando unha entidade urbana plena coa
instalación duna botica, duna estafeta de correos e varios comercios
que se foron asentando nos anos seguintes.
Configúrase
primeiro unha zona comercial que se fai cada vez máis estabel, e aínda
que o mercado se limitaba a unha vez por semana, o resto dos servicios e transación
eran permanentes.
A notaría (R.D. 31 de decembre 1866), estanco, tendas de comestibles,
de bebidas, fondas, fornos arrodeando a futura praza e as rúas inmediatas
que se formaron entre 1870 e 1895.
Por acordo do concello de Llanes aprobaráse en 1862 a creación
do mercado semanal en Posada, calebrándose o primeiro o venres 19 de
decembro dese mesmo ano.
Os vecinos das vilas que integraban o val (Quintana, Bricia, Turanzas, Piedra
e Lleídas) loitaran por este beneficio exponiendo ademáis as súas
dificultdes de abastecimento pola distancia que os separaba de Llanes. Para
comezar aportaron a construcción de seis barracóns ás súas
expensas para albergar ós vendedores.
Elixiuse como lugar do mercado un sitio que carecera de tradición, un
lugar novo, equidistante das cinco vilas anteriores e onde fora doado para ps
vecinos acudir co gando e as manufacturas, sendo obrigada ó principio
a concurrencia e o compromiso de todos, para lograr un bo comezo e fama do mercado
que era a base do éxito e da continuidade. A este mesmo lugar trasladáranse
as feiras de Santiago e Santa Lucía dende 1863.
A praza urbanízase definitivamente, cun proxecto de Fermín Coste,
no 1915. Vinte anos antes, o 26 de xullo de 1895 inagurárase neste lugar
o monumento a Parres Piñera, que fora o primeiro paso para dar calidade
ao espacio. A estatua e o pedestal custaron máis de 15.000 pesetas (90,
15 euros) e foron realizados polo asturiano Cipriano Flojeras.